martes, 4 de febrero de 2014

"Postcrise ou terra de ninguén"

Tempos Novos, 200, xaneiro, 2014.
Postcrise ou terra de ninguén

Xosé Carlos Arias
    
Anúnciase 2014 como un ano, digamos, interesante, cheo de riscos e, talvez tamén, de algunas oportunidades inesperadas. No centenario daquel acontecemento dramático que tanto marcou o século XX –o comenzo da primeira guerra mundial-, poidera ser que se comenzarán a  asentar  algunhas novas tendencias da economía e a sociedade cun horizonte de cando menos unha década. Porque se repite moito que esta crise non é unha mais na historia do capitalismo, senón que semella un parteaugas histórico e que o mundo, e particularmente Europa, non volverán ás condiciós  anteriores a 2008; pero nin sabemos precisar moi ben cara onde imos, nin ata agora esa nova realidade pasa de meros indicios. Sairemos agora ó fin do limbo?.

Postcrise?
Despois de cinco anos de crise durísima en todos os ámbitos, parece que chega o momento dunha certa estabilización… que en todo caso será á baixa. Por acollernos á nova afección que os economistas –de sempre mais amigos de números que de letras- teñen ó diccionario, cabe razoablemente conxeturar que saída da crise non será en V, nin siquera en W (pois como se sabe, temos vivido dous episodios agudos recesión en tres anos, o que é a primeira vez que ocorre en mais de medio século), senón na temida L. Ainda que desgraciadamente non se podan descartar por completo novas recaídas causadas por shocks externos (desde algún novo accidente financeiro ata desagradables sorpresas nas economías emerxentes), todo indica que o potencial destructivo interno da economía española, e a galega, está tocando fondo. Mais, nunha perspectiva de curto prazo, é probable que a situación de 2014 non sexa moi diferente da anterior á primavera ou verán de 2011, cando tantas cousas cambiaron para peor: taxas baixas pero positivas de crecemento e unha situación financiera xeneral que, simplificando moito, xere unha prima de risco de en torno a douscentos puntos básicos. Sen embargo entre eses dous momentos caberá constatar tamén cambios siñificativos. Para ben, o ano próximo o axuste externo estará xa prácticamente feito, despois de moitos sacrificios, e eso concede marxes mayores á política económica interna. Pero, doutra banda, algúns desequilibrios están notablemente peor que tres anos atrás: o desemprego, desde logo, en torno a cinco puntos superior; a débeda pública, que case tocará o 100 % do PIB; e mais grave ainda, neste periodo moito tecido productivo se tén destruido, empresas se teñen disolto, e servicios tan básicos como a educación experimentado serios retrocesos (que se manifestan en moitos centenares de ensinantes menos, e un investimento de case 8.000 millós de euros inferior para o conxunto do sistema educativo español).
Desde unha perspectiva mais o longo prazo,  o prioritario será preguntarnos qué ven despois de ter tocado fondo: cunha probabilidade moi elevada, a resposta apunta a unha prolongada etapa de estancamento económico. E non me refiro exclusivamente a Galicia ou España, senón ó conxunto de Europa, para a cal cada vez escóitase mais falar da ameaza da xaponización. Recórdese que Xapón ven sufrindo desde hai case vinte anos dunha enfermidade que ten como manifestacións principais  o estancamento productivo e unha tendencia profunda á deflación. Pois ben, no noso contorno actual os prezos teñen mesmo decrecido, o que levanta xustificadas alarmas. Nese sentido é revelador que o Banco Central Europeo –autoridade económica que si se caracteriza por algo é por poñer sempre por diante o reforzo da “credibilidade antiinflacionista”- teña suxerido recentemente, ainda que fora un tanto entre liñas, a posibilidade de que estemos diante dunha ameaza real de deflación. E a deflación sólo se explica en presencia de forzas paralizantes da demanda interna.
Cales son esas forzas?. A mais importante é sen dúbida o proceso de desapalancamento financeiro en marcha (reducción xeneral dos níveis de débedas privadas e públicas): ese proceso é tan necesario como inevitable, pero os seus costes poden ser inmensos en termos de bloqueo das posibilidades de crecemento; naturalmente a causa desto último é a pervivencia dunha situación de seca de crédito as empresas e os particulares, nun contexto xeneral de trampa da liquidez que dura xa cinco anos e non da sinais de corrección. A mantenta deste asunto, veremos o qué ocorre en 2014 cos estímulos monetarios, que sendo prácticamente a única política coherente para loitar contra a contracción, teñen xa chegado ó seu límite, polo que cabe esperar a súa progresiva retirada: o que pase a partir de ahí incorpora unha notable incógnita sobre o devir macroeconómico dos próximos meses. A  outra razón importante para, cando menos, ser escéptico sobre a reactivación do crecemento dun xeito sostido é que os seus fundamentos  mais sans –o soporte tecnolóxico, o capital humán, mesmo a virtude institucional- foron profundamente minados pola política de austeridade compulsiva e indiscriminada.
Sen embargo, algo parece que se move na política económica europea: é un feito que ó longo de 2013 as restricciós fiscais se relaxaron algo, probablemente como consecuencia dos contornos electorais en varios países, nomeadamente Alemania: a eso precisamente débese a saída da recesión do conxunto da eurozona. O caso é que agora poideran abrirse algúns márxenes para países nos que se ven aplicando o axuste mais impenitente; en España, por exemplo, os recortes seguen incidindo agora mesmo con moita forza en varios sectores, pero o emprego público experimentou un lixeiro crecemento. Acompañado dunha política mais activa por parte do BCE, o que parece que ó fin se ten entendido en Bruxelas –e talvez tamén en Berlín- é que si todos os países axustan o mesmo tempo, o resultado non pode ser senón o desastre. Nese sentido, hai certa expectación por comprobar se o novo goberno alemán de coalición permite cando menos unha modulación da política europea. Se esto ocorrira, podería haber algunha sorpresa, esta vez positiva, co crecemento ó longo de 2014. 

 Novidades no contexto político: aroma electoral e factor medo
O próximo ano traerá consigo tamén algunhas novidades no contexto político. En primeiro lugar, volven as elecciós, primeiro as europeas –nas que os case seguros éxitos de partidos alonxados do centro político na maioría dos países serán expresión do enorme grao de malestar reinante-, e logo xa as precampañas das locais: ademais do poderoso elemento de incertidume que incorpora o factor catalán, os próximos meses traerán consigo o aroma da búsqueda de votos. Este punto é importante porque, a diferencia do ocorrido nos dous últimos anos, cando a lonxanía de citas electorais permitía o goberno central ignorar o coste político das súas decisiós, agora cabe esperar cálculos político-electorais mais meticulosos. Siñificará eso un cambio de dirección das políticas?. En términos absolutos, seguro que non, pois a restricción externa seguerá sendo forte, pero poderían aparecer matices importantes. Por exemplo, en 2014 terá gran protagonismo o proxecto de reforma fiscal; tal reforma é unha necesidade absoluta para a economía e a sociedade españolas, non soamente por razós técnicas –superar unha estructura de tributos un tanto carpetovetónica- senón de equidade e eficiencia recaudatoria; porén, polo que se vai sabendo, o goberno vai propoñer cambios cosméticos que permitán dar continuidade a súa forte retórica das reformas, pero limitándose a baixar determinados impostos… para server así o seu interés electoral. Obviamente, eso levaría a un certo olvido –que terá que negociar con Bruxelas- do obxectivo de déficit público, pero non é disparatado pensar que podería formar parte dunha relativa relaxación do austericidio. 
Hai se cadra un segundo elemento novedoso do que se fala moito menos: a inferior presencia do medo como factor determinante dunha gran variedade de comportamentos económicos e sociais. Porque esa foi unha das principais características desta crise desde o outono de 2008: a omnipresencia do medo ó colapso económico, á evaporación dos aforros, á perda do emprego. Hasta finais de 2012 a posibilidade moi real de afundimento incontrolado e con efectos impredecibles do sistema do euro convertiron o medo en persoaxe central no esceario da vida social. Pero neste punto vénse experimentando un cambio visible: agora, a pesares de que nas expectativas económicas dos cidadáns segue mandando o pesimismo, case ninguén cree xa na desaparición do euro a curto prazo nen no afundimento do sistema bancario (mais alá dos 40.000 millóns que como contribuíntes nos teñen costado). Ademais, no 2014 debe entrar en funcionamento a Unión Bancaria que, malia ter quedado un tanto descafeinada, representa unha oportunidade de estabilización financiera en Europa. Esta nova situación pode traer consigo algunhas novidades notables, tanto polo que respecta o contido das políticas públicas como ás reacciós esperables da cidadanía fronte a elas .
Con respecto ó primeiro, moitas das decisisiós adoptadas polos dous últimos gobernos españois, mais que levadas por una dirección e un obxectivo claros, estiveron dominados polo pánico ás reacciós dos mercados. O exemplo do cambio constitucional de 2011 é casi obvio, e algo parecido semella certo tamén para moitos dos recortes indiscriminados no gasto. Sen embargo, nos últimos meses esto puido cambiar en algúns aspectos: nunha situación de mayor tranquilidade, a presión externa pode estar sendo aproveitada como coartada para lanzar proxectos ideolóxicos de mais longo alcance, como a privatización dunha parte do sistema de saúde pública. Algo que a partir de agora podería chocar coas maiores urxencias electorais das que xa falamos, pero tampouco é descartable que vaian a mais.
 O segundo aspecto e se cadra mais interesante. Ten moito de sorprendente que, malia a profundidade da fatiga e o malestar de sectores amplos da sociedade, o nível de conflito sexa baixo, o cal adóitase atribuir os efectos paralizantes do medo. Pois ben, non podería ocorrer agora que, sendo menores tales efectos, véramos un repunte siñificativo do conflito social?. Doutra banda, sábemos ben –desde os luminosos escritos de Albert Hirschman- que eso é precisamente o que adoita pasar cando, despois dunha forte crise, comenza a falarse de recuperación, pero esta non acaba de ser percibida pola maioría dos cidadáns. Este é un punto intrigante que haberá que ir seguindo con atención.
Equivocábase Jacques le fataliste cando pensaba que “no ceo está escrito” o futuro. Postcrise ou terra de ninguén?. Mellora real ou dolorosa continuidade?. Algo de todo iso haberá. Razós para o agnosticismo non faltan de cara a este 2014 que xa se nos ven enriba.