Postcrise ou terra de ninguén
Xosé Carlos Arias
Anúnciase
2014 como un ano, digamos, interesante, cheo de riscos e, talvez tamén, de
algunas oportunidades inesperadas. No centenario daquel acontecemento dramático
que tanto marcou o século XX –o comenzo da primeira guerra mundial-, poidera
ser que se comenzarán a
asentar algunhas novas
tendencias da economía e a sociedade cun horizonte de cando menos unha década.
Porque se repite moito que esta crise non é unha mais na historia do
capitalismo, senón que semella un parteaugas histórico e que o mundo, e
particularmente Europa, non volverán ás condiciós anteriores a 2008; pero nin sabemos precisar moi ben cara
onde imos, nin ata agora esa nova realidade pasa de meros indicios. Sairemos
agora ó fin do limbo?.
Postcrise?
Despois de
cinco anos de crise durísima en todos os ámbitos, parece que chega o momento
dunha certa estabilización… que en todo caso será á baixa. Por acollernos á
nova afección que os economistas –de sempre mais amigos de números que de
letras- teñen ó diccionario, cabe razoablemente conxeturar que saída da crise
non será en V, nin siquera en W (pois como se sabe, temos vivido dous episodios
agudos recesión en tres anos, o que é a primeira vez que ocorre en mais de
medio século), senón na temida L. Ainda que desgraciadamente non se podan
descartar por completo novas recaídas causadas por shocks externos (desde algún novo accidente financeiro ata
desagradables sorpresas nas economías emerxentes), todo indica que o potencial
destructivo interno da economía española, e a galega, está tocando fondo. Mais,
nunha perspectiva de curto prazo, é probable que a situación de 2014 non sexa
moi diferente da anterior á primavera ou verán de 2011, cando tantas cousas
cambiaron para peor: taxas baixas pero positivas de crecemento e unha situación
financiera xeneral que, simplificando moito, xere unha prima de risco de en
torno a douscentos puntos básicos. Sen embargo entre eses dous momentos caberá
constatar tamén cambios siñificativos. Para ben, o ano próximo o axuste externo
estará xa prácticamente feito, despois de moitos sacrificios, e eso concede
marxes mayores á política económica interna. Pero, doutra banda, algúns
desequilibrios están notablemente peor que tres anos atrás: o desemprego, desde
logo, en torno a cinco puntos superior; a débeda pública, que case tocará o 100
% do PIB; e mais grave ainda, neste periodo moito tecido productivo se tén
destruido, empresas se teñen disolto, e servicios tan básicos como a educación
experimentado serios retrocesos (que se manifestan en moitos centenares de
ensinantes menos, e un investimento de case 8.000 millós de euros inferior para
o conxunto do sistema educativo español).
Desde unha
perspectiva mais o longo prazo, o
prioritario será preguntarnos qué ven despois de ter tocado fondo: cunha
probabilidade moi elevada, a resposta apunta a unha prolongada etapa de
estancamento económico. E non me refiro exclusivamente a Galicia ou España,
senón ó conxunto de Europa, para a cal cada vez escóitase mais falar da ameaza
da xaponización. Recórdese que Xapón
ven sufrindo desde hai case vinte anos dunha enfermidade que ten como
manifestacións principais o
estancamento productivo e unha tendencia profunda á deflación. Pois ben, no
noso contorno actual os prezos teñen mesmo decrecido, o que levanta
xustificadas alarmas. Nese sentido é revelador que o Banco Central Europeo
–autoridade económica que si se caracteriza por algo é por poñer sempre por
diante o reforzo da “credibilidade antiinflacionista”- teña suxerido
recentemente, ainda que fora un tanto entre liñas, a posibilidade de que
estemos diante dunha ameaza real de deflación. E a deflación sólo se explica en
presencia de forzas paralizantes da demanda interna.
Cales son
esas forzas?. A mais importante é sen dúbida o proceso de desapalancamento
financeiro en marcha (reducción xeneral dos níveis de débedas privadas e
públicas): ese proceso é tan necesario como inevitable, pero os seus costes
poden ser inmensos en termos de bloqueo das posibilidades de crecemento;
naturalmente a causa desto último é a pervivencia dunha situación de seca de
crédito as empresas e os particulares, nun contexto xeneral de trampa da
liquidez que dura xa cinco anos e non da sinais de corrección. A mantenta deste
asunto, veremos o qué ocorre en 2014 cos estímulos monetarios, que sendo
prácticamente a única política coherente para loitar contra a contracción,
teñen xa chegado ó seu límite, polo que cabe esperar a súa progresiva retirada:
o que pase a partir de ahí incorpora unha notable incógnita sobre o devir
macroeconómico dos próximos meses. A
outra razón importante para, cando menos, ser escéptico sobre a
reactivación do crecemento dun xeito sostido é que os seus fundamentos mais sans –o soporte tecnolóxico, o
capital humán, mesmo a virtude institucional- foron profundamente minados pola
política de austeridade compulsiva e indiscriminada.
Sen
embargo, algo parece que se move na política económica europea: é un feito que
ó longo de 2013 as restricciós fiscais se relaxaron algo, probablemente como
consecuencia dos contornos electorais en varios países, nomeadamente Alemania:
a eso precisamente débese a saída da recesión do conxunto da eurozona. O caso é
que agora poideran abrirse algúns márxenes para países nos que se ven aplicando
o axuste mais impenitente; en España, por exemplo, os recortes seguen incidindo
agora mesmo con moita forza en varios sectores, pero o emprego público
experimentou un lixeiro crecemento. Acompañado dunha política mais activa por
parte do BCE, o que parece que ó fin se ten entendido en Bruxelas –e talvez
tamén en Berlín- é que si todos os países axustan o mesmo tempo, o resultado
non pode ser senón o desastre. Nese sentido, hai certa expectación por
comprobar se o novo goberno alemán de coalición permite cando menos unha
modulación da política europea. Se esto ocorrira, podería haber algunha
sorpresa, esta vez positiva, co crecemento ó longo de 2014.
Novidades
no contexto político: aroma electoral e factor
medo
O próximo
ano traerá consigo tamén algunhas novidades no contexto político. En primeiro
lugar, volven as elecciós, primeiro as europeas –nas que os case seguros éxitos
de partidos alonxados do centro político na maioría dos países serán expresión
do enorme grao de malestar reinante-, e logo xa as precampañas das locais:
ademais do poderoso elemento de incertidume que incorpora o factor catalán, os próximos meses
traerán consigo o aroma da búsqueda de votos. Este punto é importante porque, a
diferencia do ocorrido nos dous últimos anos, cando a lonxanía de citas
electorais permitía o goberno central ignorar o coste político das súas
decisiós, agora cabe esperar cálculos político-electorais mais meticulosos.
Siñificará eso un cambio de dirección das políticas?. En términos absolutos, seguro
que non, pois a restricción externa seguerá sendo forte, pero poderían aparecer
matices importantes. Por exemplo, en 2014 terá gran protagonismo o proxecto de reforma fiscal; tal reforma é unha
necesidade absoluta para a economía e a sociedade españolas, non soamente por
razós técnicas –superar unha estructura de tributos un tanto carpetovetónica-
senón de equidade e eficiencia recaudatoria; porén, polo que se vai sabendo, o
goberno vai propoñer cambios cosméticos que permitán dar continuidade a súa forte
retórica das reformas, pero limitándose a baixar determinados impostos… para
server así o seu interés electoral. Obviamente, eso levaría a un certo olvido
–que terá que negociar con Bruxelas- do obxectivo de déficit público, pero non
é disparatado pensar que podería formar parte dunha relativa relaxación do
austericidio.
Hai se
cadra un segundo elemento novedoso do que se fala moito menos: a inferior
presencia do medo como factor determinante dunha gran variedade de
comportamentos económicos e sociais. Porque esa foi unha das principais
características desta crise desde o outono de 2008: a omnipresencia do medo ó
colapso económico, á evaporación dos aforros, á perda do emprego. Hasta finais
de 2012 a posibilidade moi real de afundimento incontrolado e con efectos
impredecibles do sistema do euro convertiron o medo en persoaxe central no
esceario da vida social. Pero neste punto vénse experimentando un cambio
visible: agora, a pesares de que nas expectativas económicas dos cidadáns segue
mandando o pesimismo, case ninguén cree xa na desaparición do euro a curto
prazo nen no afundimento do sistema bancario (mais alá dos 40.000 millóns que
como contribuíntes nos teñen costado). Ademais, no 2014 debe entrar en
funcionamento a Unión Bancaria que, malia ter quedado un tanto descafeinada,
representa unha oportunidade de estabilización financiera en Europa. Esta nova
situación pode traer consigo algunhas novidades notables, tanto polo que
respecta o contido das políticas públicas como ás reacciós esperables da cidadanía
fronte a elas .
Con
respecto ó primeiro, moitas das decisisiós adoptadas polos dous últimos
gobernos españois, mais que levadas por una dirección e un obxectivo claros,
estiveron dominados polo pánico ás reacciós dos mercados. O exemplo do cambio
constitucional de 2011 é casi obvio, e algo parecido semella certo tamén para
moitos dos recortes indiscriminados no gasto. Sen embargo, nos últimos meses
esto puido cambiar en algúns aspectos: nunha situación de mayor tranquilidade,
a presión externa pode estar sendo aproveitada como coartada para lanzar
proxectos ideolóxicos de mais longo alcance, como a privatización dunha parte
do sistema de saúde pública. Algo que a partir de agora podería chocar coas
maiores urxencias electorais das que xa falamos, pero tampouco é descartable
que vaian a mais.
O segundo aspecto e se cadra mais
interesante. Ten moito de sorprendente que, malia a profundidade da fatiga e o
malestar de sectores amplos da sociedade, o nível de conflito sexa baixo, o cal
adóitase atribuir os efectos paralizantes do medo. Pois ben, non podería
ocorrer agora que, sendo menores tales efectos, véramos un repunte siñificativo
do conflito social?. Doutra banda, sábemos ben –desde os luminosos escritos de
Albert Hirschman- que eso é precisamente o que adoita pasar cando, despois
dunha forte crise, comenza a falarse de recuperación, pero esta non acaba de
ser percibida pola maioría dos cidadáns. Este é un punto intrigante que haberá
que ir seguindo con atención.
Equivocábase
Jacques le fataliste cando pensaba
que “no ceo está escrito” o futuro. Postcrise ou terra de ninguén?. Mellora
real ou dolorosa continuidade?. Algo de todo iso haberá. Razós para o
agnosticismo non faltan de cara a este 2014 que xa se nos ven enriba.