miércoles, 4 de diciembre de 2013

"Recuperación, credibilidade e propaganda"

Tempos Novos, 198, novembro 2013

Recuperación, credibilidade e propaganda

“Agora xa non remamos sen horizonte”, asegurou Mariano Rajoy a finais de outubro no Congreso dos Deputados. Unha declaración en boa  medida asombrosa, pois non deixa de ser unha maneira de recoñecer que a nave do seu goberno viaxou sen rumbo  en materia tan importante como a política económica durante os seus dous primeiros anos de mandato.  Pero a mensaxe que  se tenta transmitir á sociedade é clara: imos ben, a terra firma da recuperación está xá, ainda que algo lonxana, ó noso alcance. Ten xustificación una visión tan optimista á vista do conxunto dos datos sobre a econonomía española e a galega dos que agora mesmo dispomos?. Exactamente, en qué lugar da crise nos atopamos?.

Certamente, hai algunhas novidades positivas que deben ser resaltadas. A saída da situación técnica de recesión é un feito, e as probabilidades de que regrese no curto prazo son pequenas. Por outro lado, a  situación financieira ten mellorado, facéndose menos angustiosa, como consecuencia da desaparición dun risco inmediato de ruptura incontrolada da eurozona (que estivo moi presente ata o outono de 2012, e que houbera  carrexado consecuencias desastrosas); a recomposición dos fluxos internacionais de capital, que agora semellann estar retornado a Europa, xoga a favor dese mellor clima. Do noso punto de vista, o dato mais favorable que presenta a economía española é o resultado das contas exteriores, asunto sobre o cal, curiosamente, o Goberno alardea moito menos, seguramente por tratarse dunha cuestión que chama moito menos a atención do público: o déficit da balanza comercial que acadaba a desmesurada porcentaxe do 10 por cento do PIB en 2007, deu paso a un pequeno superavit no ano en curso, o que quere dicir que o doloroso axuste externo está xa en gran medida feito.

É indudable, por tanto que o clima económico mudou algo, para ben, nos últimos meses, o que racha cunha tendencia de dous anos nos que non houbo mais que malas novas. E saudable que a sociedade sexa consciente delo, por dous motivos: porque, despois de todo, foron os seus duros esforzos de anos o que permitíu esa lixeira melloría; e porque o desánimo reinante tense convertido nun factor para ahondar na depresión. Sen embargo, a exaltación desmedida e un tanto desvergoñada desa pequena morea de datos, para a partir de ahí proclamar que a recuperación económica xa ten comenzado, non solamente carece de sentido, senón que pode acabar sendo unha trampa –outra mais- que acabe por pasarnos factura.

Vaiamos por partes. A saída da recesión non equivale para nada a unha xenuina recuperación económica, e poden mencionarse ata cinco razóns importantes que avalan este afirmación. A primeira é que o crecemento que se espera para a actividade económica cando menos no horizonte de 2015 é homeopático. Se facemos caso ós cálculos do FMI, a economía española retrocederá ainda no conxunto de 2013 nun 1,3 % (frente ó 1,8 do ano anterior), e en 2014 a tasa será xa positiva, pero nun mínimo 0,2 %. Pero o mais inquedante son as perspectivas mais a medio e longo prazo: o mesmo organismo predice que ata 2018 a economía española non crecerá por riba do 1 %, o que debuxa un panorama decididamente diferente do que o Goberno refire: estamos diante dunha tendencia o estancamento, que non permitirá volver ós niveis de producción, renta e riqueza anteriores á crise (e non fará falta insistir en que unha verdadeira recuperación é exactamente iso), como pouco, ata finais desta década, para a que se adiviña xa o doloroso título de a década perdida. En todo elo terá moito que ver ó non terse aproveitado a crise para impulsar o necesario proceso de destrucción creativa no modelo productivo: mais ben ten ocurrido o contrario, xa que os brutais axustes de gasto público en educación e innovación e cambio técnico será unha rémora letal para un crecemento san e sostible talvez durante varios lustros.

A segunda razón para afastarse de calquer triunfalismo está en que as variables económicas que mais inciden na vida dos cidadáns apenas notarán mellora. En particular o desemprego  seguirá en tasas superiores ó 25 % ata 2018. E a capacidade adquisitiva dos salarios seguirá o seu descenso, ainda que probablemente con menos intensidade que nos anos pasados. A insistencia na presión sobre os salarios para impulsar a chamada devaluación interna  seguirá tendo os perversos efectos redistributivos que a tén caracterizado, e pesando ademais sobre as posibilidades de reactivación da demanda interna. Respecto deste importante asunto, sempre sostiven que, en ausencia do mecanismo de tipo de cambio,  en 2008 facíase inevitable un axuste salarial en España, pero se fixo dun xeito equivocado (sen acordos que extenderan a presión sobre outro tipo de rendas, como as do capital, e sen elementos de compensación algunha), e con tal intensidade que os seus efectos teñen agravado os desequilibrios. Pénsese, en todo caso, que como consecuencia de todo elo os salarios medios son neste momento en España un 20 % inferiores á media dos pagados en Alemania,  Francia e Italia, o que probablemente vaia a mais nos próximos anos. Estamos, sen dúbido, ante unha das razós profundas –a outra é, evidentemente, a reducción das prestaciós sociais, educativas e sanitarias- da crecente desigualdade na distribución da renta, que se configura, cada vez mais, como o principal problema social do país.

En terceiro lugar, o discurso económico do Goberno vai fiando nuns datos que son os mellores que se poden producir… se as condiciós externas o permiten. Iso é, se os problemas xerais da eurozona finalmente se solucionan, e o resto dos desequilibrios da economía global  se corrixen en profundidade. A cruda realidade pode, sen embargo, ser moi diferente. No conxunto de Europa os ritmos de crecemento esperados tamén serán moi modestos (ainda haberá unha caída do 0,3 % para o conxunto de 2013), e non están en absoluto descartados novos episodios de rescate ó borde do abismo en países periféricos como Grecia, e mesmo Portugal. Pero ademais, novos riscos aparecen noutras partes do mundo, nomeadamente nos países emerxentes, que agora mesmo experimentan un deterioro notable nas súas expectativas de progreso económico: considerados con boas razós no seu conxunto como un inesperado alivio para economía mundial a partir de 2008, agora moitos observadores caen na conta de que poderían constituir de novo o centro de gravidade das dificultades da economía global. Se ese proceso de deterioro fose a mais, a crise xeral sen dúbida recomenzaría, con consecuencias imprevisibles. E por otra parte, tamén a economía norteamericana pode ser portadora de sorpresas, tanto positivas –porque alí sí ten comenzado o proceso de recuperación, grazas ás políticas postas en marcha-, como negativas, pois está por ver o que ocurrirá cando desaparezan, mais cedo que tarde, os actuais estímulos monetarios. En conclusión, son moitos os factores de risco externo que poden facer que a reactivación económica en España, e Galicia, descarrile, o que debería levar a extremar a prudencia cando se fala destes asuntos.

A cuarta razón para o escepticismo é a mais sinxela: en realidade, cando alá por 2010 andábamos metidos de cheo na crise, xa tivemos datos moito mais saudables que os mellores que agora se esperan. Parece que se ten olvidado que a economía española creceu no ano 2011 mais o menos o mesmo que o fará o ano que ven; que a finais daquel ano o desemprego era dun 21,7 % e a débeda pública do 70,4 % (frente  a case o 100 % que se agarda para 2014); mesmo os ritmos de reducción do déficit da balanza de pagos era superior por entonces. Eran aqueles os meses nos que se falaba dos  célebres brotes verdes, de tan amargo recordo. Aquelo que se tomou dun xeito demasiado optimista como luz o final do túnel, quedou como se sabe esmagado polos acontecementos negativos na economía internacional, sobre todo a crise da dédeba soberana na eurozona. Agardemos que non aconteza agora o mesmo, pero sería insensato  excluílo de raíz.

Por último, as macromagnitudes son de gran relevancia para avaliar o estado real dunha economía, pero non son os únicos datos a ter en conta. Nos últimos meses rexistrouse unha procesión de malas noticias sobre a situación na que se atopan algunas importantes empresas, algunas delas emblemáticas, tanto a escala española como galega. No primeiro ámbito, por exemplo, a crise do grupo cooperativo de Mondragón constitúe una pésima nova, por tratarse dunha organización empresarial de longo percorrido, que durante moitos anos foi considerada como un baluarte de desenvolvemento industrial. De igual xeito, as dificultades financieras dunha gran cadea de grandes almacéns ubícase na liña de consecuencias sobre o consumo da inmoderada política de restricción do gasto. Eses feitos son desgrazadamente consistentes cun dato estremecedor que pasa bastante desapercibido: a tasa de morosidade bancaria acadou en outubro o seu peor rexistro histórico, o 12,2 % dos créditos totais. E polo que atingue a Galicia, a crise de Pescanova –unha empresa que durante anos foi excepción moi positiva nos ámbitos da internacionalización, a vertebración industrial, e mesmo a innovación- dá idea de ata que punto a destrucción do tecido productivo do país –mesmo aquel que supúñamos mais san- está en perigo. E eso por non mencionar os ácidos froitos que durante bastante tempo traerá a evaporación da rede financiera de proximidade que aportaban as antigas Caixas e o Banco Pastor.

    Os motivos para a ledicia, polo tanto, non abondan, polo que os xestos de triunfalismo dos Gobernos de Madrid e Compostela teñen algo de muecas grotescas. Xa antes diciamos que dar sinais positivas á sociedade verbo do rumbo da economía é algo que se pode converter en sí mesmo en factor de reactivación: trataríase de rachar co desánimo colectivo, para conseguir dinamizar as expectativas e, con elo, animar o gasto de consumo e inversión e, en último termo, ó conxunto da economía. De feito, nas complexas condiciós nas que evolúen os intercambios nas sociedades capitalistas desenvolvidas, a sinalización correcta da política económica é un elemento importante para que ista consiga acadar os seus obxectivos; de algunha maneira pode considerarse como unha arte, na que é fundamental acertar nun difícil equilibrio: se por unha banda, como temos dito, os gobernantes deben tentar de mellorar o estado de ánimo dos axentes económicos, para así favorecer a expansión, por outra, calquer exceso de optimismo que de principio non resulte creíble ou que a realidade non tarde en desmentir traerá consecuencias nefastas: a partir dise momento, ninguna mensaxe positiva será xa creída, e xurdirá un efecto de decepción, cun potencial depresivo grande en sí mesmo.

Pois ben, algo así aconteceu cos brotes verdes de 2010, e algo así puidera pasar tamén agora. A istas alturas é xa bastante obvio que o que move a Mariano Rajoy e os seus ministros a facer as súas declaraciós de desmesurado optimismo é, mais que as consideraciós puramente económicas, un afán propagandístico: acosado o Goberno en todos os frentes políticos, busca unha saída anunciando a ansiada luz ó final do túnel. Ó facelo, non solo asume un gran risco político para él mesmo, se o final todo queda en mera ilusión. Mais importante é que, se non se vai con cuidado con isa clase de mensaxes, despois de varios anos de acumulación de despropósitos, un novo efecto decepción tería efectos letais. Porque ninguna política económica pode resultar efectiva en condición tan adversas como as do presente, se que a pon en marcha carece dunha dose mínima de credibilidade.